Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 3957

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2012, do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2012.

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data da sinatura

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) e a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

A colaboración nas actividades docentes do Issga do persoal dependente da Agasp, e a colaboración nas actividades docentes da Agasp do persoal dependente do Issga, así como a participación e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador

0,00 €

26.9.2011