Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, polo sistema de acceso libre, na escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 27 de abril de 2010 (DOG do 20 de maio).
Verificada a concorrencia nos/nas aspirantes aprobados/das dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, de acordo co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, esta reitoría
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira da escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña os/as aspirantes aprobados/das, polo sistema de acceso libre, que se relacionan no anexo, ordenados/das consonte a puntuación final acadada.
Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/ria de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/das poderán interpor recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 18 de xaneiro de 2012.
Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña
ANEXO
Orde |
DNI |
1.º Apelido |
2.º Apelido |
Nome |
1 |
32651455B |
Toimil |
Bujones |
María Montserrat |
2 |
32678905E |
Yáñez |
Gato |
María |
3 |
32799556S |
Yáñez |
Arca |
Marcos |
4 |
13302696W |
Hoyos |
Silva |
Nuria |
5 |
35460396P |
Rey |
Santiago |
María Mónica |
6 |
32792531M |
Amigo |
Suárez |
Mónica María |
7 |
34595240C |
Prieto |
Tomás |
Carmen |
8 |
32664247S |
Manso |
Fernández |
María Gracia |
9 |
36061666N |
Rica |
Patiño |
Julio Pedro |
10 |
53083030L |
Fernández |
Martínez |
María Belén |
11 |
53302012H |
Franco |
Trillo |
Alicia |
12 |
32648951Z |
Medín |
Díaz |
María Hermitas |
13 |
X3060337A |
Luchian |
Adriana Emanuella |
|
14 |
44461241X |
Rodríguez |
Xusto |
Xerardo |
15 |
52491902Z |
Tapia |
Pena |
María Irene |