Advertidos erros no texto da Resolución do 28 de outubro de 2011 publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 216, do venres 11 de novembro de 2011, cómpre facer as seguintes modificacións:
No anexo II, programa, no seu punto II, parte específica (especialidade bibliotecas), onde di:
«10. Os sistemas integrados de xestión de bibliotecas. Os portais de acceso, os recursos: metabuscadores e xestores de recursos».
Debe dicir:
«10. Os sistemas integrados de xestión de bibliotecas. Os portais de acceso aos recursos: metabuscadores e xestores de recursos».
No anexo III, onde di:
«Gracia María Frutos Martínez, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, sección bibliotecas da USC».
Debe dicir:
«Gracia María Frutos Martínez, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da USC».
Onde di:
«Josefina Adán Porto, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, sección bibliotecas da USC».
Debe dicir:
«Josefina Adán Porto, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da USC».
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.
Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela