Unha vez publicada a Resolución do 25 de outubro de 2011 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa (DOG núm. 225, do 24 de novembro de 2011, páxinas 34751 a 34752), esta reitoría resolve ordenar a publicación dunha corrección de erros do citado plan de estudos.
Apartado 3. Contido do plan de estudos, nas materias/disciplinas:
– Xénese e evolución do sistema educativo en Galicia no período contemporáneo.
Onde di: «organización temporal: 1.º cuadrimestre».
Debe dicir: «organización temporal: 2.º cuadrimestre».
– Reformas e innovacións educativas: entre a política educativa e a práctica escolar.
Onde di: «organización temporal: 2.º cuadrimestre».
Debe dicir: «organización temporal: 1.º cuadrimestre».
A Coruña, 24 de novembro de 2011.
José María Barja Pérez
Reitor da Universidade da Coruña