Para os efectos do previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño), acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración asinados por este organismo autónomo no terceiro cuadrimestre do ano 2011.
Os devanditos convenios relaciónanse no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.
Francisco Hernández Rodríguez
Presidente do Consello Galego da Competencia
ANEXO
Convenio |
Sinatura |
Importe |
Convenio de colaboración entre o Consello Galego da Competencia e o Instituto Galego de Consumo para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación de mercados |
18.10.2011 |
0,00 € |