Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4500

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2012 pola que se lle dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

Para os efectos previstos no artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia no terceiro cuadrimestre do ano 2011 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2012.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

N.º: 1.

Título: convenio-addenda II ao acordo marco de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para o desenvolvemento de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Obxecto: regular a colaboración para levar a cabo as actuacións derivadas da xestión do Plan de impulso á contratación de empresas de servizos enerxéticos (Plan 2000 ESE).

Sinatura: 7 de outubro de 2011.

Importe: 443.005,20 euros.

N.º: 2.

Título: addenda II ao acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Obxecto: modificar a cláusula sexta do acordo marco, prorrogando así a vixencia deste ata o 30 de xuño de 2014.

Sinatura: 10 de outubro de 2011.

Importe: 0,00 euros.

N.º: 3.

Título: acordo de coordinación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables.

Obxecto: establecer os mecanismos de colaboración para levar a cabo actuacións do Plan de Activación de Empresas de Servizos Enerxéticos (Plan 2000 ESE) no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Sinatura: 19 de outubro de 2011.

Importe: 73.628,05 euros.

N.º: 4.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) para a definición e posta en práctica de actuacións de apoio público para o desenvolvemento das enerxías renovables no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, exercicio ano 2011.

Obxecto: definir e regular os mecanismos de colaboración entre o IDAE e o Inega para levar a cabo, durante o exercicio 2011 na Comunidade Autónoma de Galicia, medidas e actuacións de apoio público, que dean continuidade as aplicadas durante o 2010 no marco do PER 2005-2010.

Sinatura: 20 de outubro de 2011.

Importe: 1.008.000,00 euros.

N.º: 5.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Portos de Galicia, e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) para a realización dun estudo da capacidade de integración da eólica de pouca potencia nos portos de Galicia.

Obxecto: a realización dun estudo que analice a capacidade de integración da enerxía eólica de pouca potencia –ata 100 kW– nos portos de Galicia, que achegaría a información documental básica.

Sinatura: 11 de novembro de 2011.

Importe: 55.000,00 euros.

N.º: 6.

Título: convenio-addenda III ao acordo marco de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para o desenvolvemento do Plan Integral de Eficiencia Enerxética no Servizo Galego de Saúde.

Obxecto: a colaboración para levar a cabo as actuacións derivadas do Plan Integral de Eficiencia Enerxética do Servizo Galego de Saúde en coordinación coa xestión do Plan de impulso á contratación de empresas de servizos enerxéticos (Plan 2000 ESE) en Galicia, en varios centros consumidores de enerxía dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Sinatura: 16 de novembro de 2011.

Importe: 2.297.855,10 euros.

N.º: 7.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación de la Asociación Técnica Española de Climatización y Refrigeración (Fundatecyr) en materia de normativa enerxética edificatoria.

Obxecto: realizar unha serie de cursos cos cales se pretende formar nos procedementos alternativos existentes na actualidade para a certificación enerxética de edificios e outros destinados á formación no campo das auditorías enerxéticas en edificios e no Regulamento das instalacións térmicas nos edificios.

Sinatura: 23 de novembro de 2011.

Importe: 90.000,00 euros.

N.º: 8.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a realización de accións formativas en materia de normativa enerxética edificatoria.

Obxecto: accións formativas orientadas aos arquitectos que proxecten e calculen as instalacións dos seus edificios, ou aos que desexen realizar a súa certificación enerxética e comprende a realización de catro cursos: dúas edicións do curso «Certificación enerxética: Calener VYP» e dúas edicións do curso «Certificación enerxética: Calener GT».

Sinatura: 28 de novembro de 2011.

Importe: 20.000,00 euros.

N.º: 9.

Título: convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables.

Obxecto: a colaboración para levar a cabo as actuacións derivadas do Plan de Activación de Empresas de Servizos Enerxéticos (Plan 2000 ESE) co cal se pretende conseguir un aforro de enerxía mediante a realización de medidas de aforro e eficiencia enerxética incluíndo as renovables, nun centro consumidor de enerxía dependente da Deputación Provincial de Pontevedra.

Sinatura: 30 de novembro de 2011.

Importe: 72.440,70 euros.

N.º: 10.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Federación Galega de Asociacións de Fontanería, Calefacción e Afíns (Fegafón) para a realización de accións formativas en materia de normativa enerxética edificatoria.

Obxecto: establecer as bases da colaboración entre o Inega e a Fegafón en materia de normativa enerxética edificatoria. Comprende a realización de catro edicións do curso «Climatización e ventilación, adaptado a nova normativa enerxética edificatoria».

Sinatura: 9 de decembro de 2011.

Importe: 25.000,00 euros.

N.º: 11.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster da Eficiencia e a Xestión Enerxética Galega (Cexega) en materia de normativa enerxética edificatoria.

Obxecto: establecer as bases da colaboración entre o Inega e a Cexega en materia de normativa enerxética edificatoria. Comprende a realización de catro edicións do curso «Inspeccións da eficiencia enerxética en edificios».

Sinatura: 9 de decembro de 2011.

Importe: 20.000,00 euros.

N.º: 12.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) para a realización de accións formativas en materia de normativa enerxética edificatoria.

Obxecto: establecer as bases da colaboración entre o Inega e o ICOIIG en materia de normativa enerxética edificatoria. Comprende a realización de catro cursos: dúas edicións de «Certificación enerxética: Calener VYP» e dúas edicións de «Certificación enerxética: Calener GT».

Sinatura: 16 de decembro de 2011.

Importe: 20.000,00 euros.

N.º: 13.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Consello Galego de Aparelladores e Arquitectos Técnicos para a realización de cursos en materia de normativa enerxética edificatoria.

Obxecto: establecer as bases da colaboración entre o Inega e o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos en materia de normativa enerxética edificatoria. Comprende a realización de catro cursos «Eficiencia enerxética e sustentabilidade».

Sinatura: 19 de decembro de 2011.

Importe: 20.000,00 euros.

N.º: 14.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) para a realización de accións formativas en materia de normativa enerxética edificatoria.

Obxecto: establecer as bases da colaboración entre o Inega e o CGETI en materia de normativa enerxética edificatoria. Comprende a realización de seis edicións do curso «Certificación enerxética de edificios: Calener VYP e Calener GT».

Sinatura: 19 de decembro de 2011.

Importe: 20.000,00 euros.

N.º: 15.

Título: addenda III ao acordo marco de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de actuacións en materia de enerxías renovables.

Obxecto: modificar a cláusula sexta do acordo marco, prorrogando así a vixencia deste ata o 30 de xuño de 2014.

Sinatura: 23 de decembro de 2011.

Importe: 0,00 euros.

N.º: 16.

Título: addenda I ao acordo de coordinación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables.

Obxecto: modificar a data máxima de inicio do procedemento de contratación dos servizos enerxéticos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ata o 30 de xuño de 2012. Ao non haber execución no ano 2011 o orzamento deste ano pasa a integrar o orzamento do ano 2012.

Sinatura: 27 de decembro de 2011.

Importe: 0,00 euros.

N.º: 17.

Título: addenda IV pola que se modifica o convenio-addenda III ao acordo marco de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para o desenvolvemento do Plan Integral de Eficiencia Enerxética do Servizo Galego de Saúde.

Obxecto: modificar a listaxe de centros consumidores de enerxía (CCE) incluídos no anexo I do convenio-addenda III, modificándose os límites máximos de financiamento do Inega e as datas límite de inicio do procedemento administrativo de contratación dos CCE. Ao non haber execución no ano 2011 o orzamento deste ano pasa a integrar o orzamento do ano 2012.

Sinatura: 27 de decembro de 2011.

Importe: 0,00 euros.

N.º: 18.

Título: addenda I ao convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables.

Obxecto: modificar a data máxima de inicio do procedemento de contratación dos servizos enerxéticos na Cidade Infantil Príncipe Felipe ata o 30 de xuño de 2012. Ao non haber execución no ano 2011 o orzamento deste ano pasa a integrar o orzamento do ano 2012.

Sinatura: 28 de decembro de 2011.

Importe: 0,00 euros.