Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4712

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nesta consellería.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, que os faga susceptibles de tratamento, así como toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar.

No artigo 20 da devandita lei disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente, establecendo no seu punto segundo as indicacións concretas que deben constar nas disposicións de creación e modificación daqueles.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6.º da Lei  1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

É obxecto desta orde regular os ficheiros de carácter persoal que se especifican nos anexos.

Artigo 2. Contido.

A información exixida no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do seu regulamento asociado, aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, para as disposicións de creación de ficheiros está contida no anexo desta orde.

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, incluídos nos ficheiros regulados por esta orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo, e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos.

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e os declarados no anexo. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas deberá aterse ao disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros creados por esta orde correspóndelle á Consellería de Cultura e Turismo.

No anexo detállase a unidade ante a que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade.

Os ficheiros creados por esta orde atópanse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 e seguintes do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. No anexo aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados baixo esta orde.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 7. Modificación de ficheiros.

A evolución da actividade administrativa supuxo a modificación dos ficheiros detallados no anexo II e conforme a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, publícanse nesta orde as modificacións realizadas nestes ficheiros.

Artigo 8. Supresión de ficheiros.

No anexo III desta orde relaciónanse aqueles ficheiros para os cales será solicitada a súa supresión ao Rexistro da Axencia de Protección de Datos. O titular do órgano responsable destes ficheiros establece no citado anexo o destino que se vaia dar aos datos ou, se é o caso, as previsións que se adopten para a súa destrución.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2011.

Roberto Varela Fariña
Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO I
Ficheiros de nova creación

Ficheiros baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral Técnica.

Denominación do ficheiro

Relacións informativas coa cidadanía e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións informativas cos cidadáns e entidades.

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións informativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal. Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, firma electrónica, sinatura.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Non se prevén.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os que poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica. Edificio administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións administrativas cos cidadáns, entre elas procedementos administrativos, rexistros, portelo electrónico 24×7, axudas, subvencións; e a xestión das relacións administrativas con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) que manteñan relación coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal. Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura. Datos de características persoais. Datos de información comercial. Datos económicos financeiros e de seguros. Datos de circunstancias sociais. Datos académicos e profesionais. Datos de detalle de emprego. Datos de transaccións. Datos relativos á comisión de infraccións. Outros tipos de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Non se prevén.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os que poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica. Edificio administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das relacións económicas que a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia manteña cos cidadáns, con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) e a xestión da contratación administrativa e facturación a terceiros que proporcionen subministración de bens ou servizos á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, representantes de entidades e terceiros que manteñen relacións económicas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal. Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, firma electrónica, sinatura.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Á Axencia Tributaria. Ao Consello de Contas da Xunta de Galicia. Ás caixas e bancos que teñen acordo coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para a execución dos pagamentos.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os que poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica. Edificio administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Básico.

Denominación do ficheiro

Recursos humanos.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ordenación da xestión do persoal da Secretaría; mantemento das relacións de postos de traballo, prazas e control dos permisos, ausencias do persoal, prevención de riscos laborais, indemnización por razón de servizo e xestión dos servizos ao persoal da Administración.

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal funcionario e laboral que presta os seus servizos na Secretaría.

Procedemento de recollida de datos

Declaración e formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal. Administracións públicas. De entidades privadas: mutua de prevención de riscos laborais concesionaria do Servizo de Vixilancia da Saúde.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, n.º de S.S./mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono, n.º de rexistro persoal. Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data de nacemento, sexo. Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, centro de traballo, tipo de posto de traballo. Datos de emprego e de carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao, posto de traballo, datos non económicos de nómina, historial do traballador, compatibilidades. Datos económico-financeiros e de seguros: datos bancarios, datos de axudas de acción social.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Á mutua concesionaria do servizo de vixilancia da saúde para o persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os que poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica. Edificio administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Actividades dirixidas á cidadanía.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión de todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como: programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais.

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal. Outras persoas físicas. Fontes accesibles ao público: guías de servizos, diarios e boletíns oficiais e medios de comunicación. Outras administracións públicas. Outros: agrupacións de voluntarios, asociacións, …

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos especialmente protexidos: saúde. Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo postal e electrónico, teléfono. Datos de características persoais: sexo, idade, nacionalidade, data e lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas. Datos de circunstancias sociais: pertenza a asociacións. Datos de detalle de emprego: corpo/escala, categoría, postos de traballo. Datos académicos: formación, titulación, experiencia profesional.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da comunidade autónoma.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os que poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura e Turismo/ Secretaría Xeral Técnica. Edificio administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Alto.

Denominación do ficheiro

Rexistros.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos diferentes rexistros administrativos cuxo mantemento corresponde ás unidades da consellería.

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, membros que integran as entidades ou organizacións que teñen obriga de publicidade rexistral.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal. Outras administracións públicas.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura. Datos de características persoais. Datos de información comercial. Datos económicos financeiros e de seguros. Datos de circunstancias sociais. Datos académicos e profesionais. Datos de detalle de emprego. Datos de transaccións. Datos relativos á comisión de infraccións. Outros tipos de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Administracións municipais de Galicia. Outros órganos da comunidade autónoma.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os que poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica. Edificio administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Medio.

Denominación do ficheiro

Seguridade e control de acceso.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Videovixilancia e xestión do control de acceso ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas (cidadáns, terceiros e persoal que presta servizos á Administración) que acceden ás instalacións administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos e cámaras de videovixilancia.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos, n.º de rexistro persoal, teléfono, imaxe, sinatura. Outros datos identificativos: matrícula.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Non se atopan previstas.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os que poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica. Edificio administrativo de San Caetano. San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Básico.

ANEXO II
Ficheiros modificados

Ficheiros baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral Técnica.

Denominación do ficheiro

Albala.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión integral dos fondos documentais e dos procesos técnicos dos fondos documentais e dos procesos técnicos dos arquivos do Sistema de Arquivos de Galicia.

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Usuarios do sistema-persoas físicas e xurídicas produtoras dos fondos documentais.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal. Administracións públicas.

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono. Datos de características persoais. Datos de información comercial. Datos académicos e profesionais. Datos de emprego.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Non se atopan previstas.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica.

Servizos ou unidades ante os que poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Cultura e Turismo/Secretaría Xeral Técnica. Edificio administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nivel do ficheiro

Básico.

Campos modificados e causa

Modifícase o responsable do ficheiro e o sistema de tratamento.

ANEXO III
Ficheiros suprimidos

Ficheiros baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura.

Denominación do ficheiro

Terceiros.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos pagos que hai que realizar a subministradores da consellería: o uso é interno.

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas ou colectivos subministradoras á Administración.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 28 de xullo de 1994, publicada no DOG n.º 146, do 30.7.1994.

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades» creado por esta orde.

Denominación do ficheiro

Persoal.

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión interna do persoal da consellería de tipo administrativo e non de carácter económico.

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal que desempeña as súas funcións na consellería.

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orden do 28 de xullo de 1994, publicada no DOG n.º 146, do 30.7.1994.

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Xunta de Galicia.

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Recursos Humanos» creado por esta orde.