M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3016/2011 JS desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Salvador Bernárdez Pardevila, sobre incapacidade permanente, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:
«A sala acorda que debe estimar a solicitude efectuada pola representación Instituto Nacional da Seguridade Social, parte recorrente nestas actuacións, e, na súa consecuencia:
a) Eméndase o erro informático padecido, e que consta nos datos de rexistro da parte superior da sentenza do 8.11.2011, no sentido de que o número de autos do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra é o 881/2009.
b) O número da sentenza orixe do presente recurso, do 25.3.2011, é 118/2011 e non 1189/2011, como por erro mecanográfico figura no primeiro antecedente de feito da sentenza deste tribunal.
Notifíqueselles ás partes advertíndolles que contra esta resolución non cabe ningún recurso. Non obstante o dito no parágrafo anterior, debe entenderse que este auto se integra na resolución que aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpoñer o recurso que couber contra a dita resolución reiníciase a partir do momento en que as partes sexan notificadas deste auto. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións xa presentase, preparase ou anunciase o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación considérase válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre.
Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».
E para que sirva de notificación en legal forma a Salvador Bernárdez Pardevila, en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no DOG.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes notificacións se farán en estrados, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 13 de xaneiro de 2012.
A secretaria xudicial