Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dun servizo de desprazamento dos participantes do programa de actividades de campamentos e campos de traballo da Secretaría Xeral da Emigración.

A Secretaría Xeral da Emigración, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que a continuación se cita:

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Secretaría Xeral da Emigración.

1.2. Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación, Contratación e Xestión Orzamentaria.

1.3. Número de expediente: 1/2012.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: servizo de desprazamento dos participantes do programa de actividades de campamentos e campos de traballo.

2.2. División por lotes e número: non leva.

2.3. Lugar de execución: os sinalados no número terceiro do prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: a oferta máis vantaxosa segundo criterios de valoración detallados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: 199.500 €, máis 14.000 € de IVE.

5. Garantía provisional: 5.500 €.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: Secretaría Xeral da Emigración.

6.2. Enderezo: rúa Basquiños, 2.

6.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

6.4. Teléfono: 981 54 72 81.

6.5. Telefax: 981 54 72 96.

6.6. Poderán obterse os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: www.contratosdegalicia.es

6.7. Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

7.1. Clasificación: grupo U, subgrupo 4, categoría B.

8. Presentación de ofertas.

8.1. Data límite de presentación das ofertas: as proposicións presentaranse entre as 9.00 e as 14.00 horas, en días hábiles, no prazo máximo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de coincidir o último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións finalizará o primeiro día hábil seguinte.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula sexta do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: Rexistro Xeral da Secretaría Xeral da Emigración.

b) Enderezo: rúa Basquiños, 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Secretaría Xeral da Emigración.

9.2. Enderezo: rúa Basquiños, 2.

9.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9.4. Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura destas terá lugar no día hábil seguinte (sobre B).

9.5. Hora: ás 12.00 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.

José Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración