Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2012, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, polo que se publica a relación das entidades colaboradoras para a xestión de subvencións destinadas ao acceso dos cidadáns a novas conexións á internet, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011 e 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (procedemento administrativo PR524A).

Con data do 15 de decembro de 2011, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica ditou resolución favorable á selección de entidades colaboradoras para a xestión de subvencións destinadas ao acceso dos cidadáns a novas conexións á internet, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011 e 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (procedemento administrativo PR524A). A dita resolución foi notificada de forma fidedigna aos interesados.

Transcorrido o prazo establecido para a sinatura dos convenios de colaboración para acadar a condición de entidade colaboradora, resulta preceptivo publicar a relación de entidades colaboradoras participantes.

Na súa virtude,

ACORDO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación de entidades colaboradoras para a xestión de subvencións destinadas ao acceso dos cidadáns a novas conexións á internet, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011 e 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (procedemento administrativo PR524A); resultan as seguintes entidades colaboradoras:

– R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., con NIF A15474281.

– Telefónica de España, S.A.U., con NIF A82018474.

– Telefónica Móviles España, S.A.U., con NIF A78923125.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

P.A.
José Luis Somoza Digón
Xefe de Servizo de Xestión da Sociedade da Información