De conformidade co disposto no alínea f) do artigo 53 da Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados, e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se regula o Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolveu, na data que figura no anexo, cancelar a inscrición como corredor de seguros e, por conseguinte, excluír do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia a José Manuel Fuentes Iglesias.
A cancelación da inscrición acordouna esta dirección xeral, por solicitude do interesado, e faise pública de conformidade co establecido no artigo 53 da mencionada Lei 26/2006 e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.
Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro
ANEXO
Clave do rexistro: GF-001.
NIF: 33792764-Z.
Apelidos e nome: Fuentes Iglesias, José Manuel.
Localidade: Lugo.
Data da resolución: 16.1.2012.