De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta secretaría xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, San Lázaro s/n, 1.º andar, Santiago de Compostela, código postal 15781, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2012.
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO
Expediente: SC-LPA-01-2011.
Interesado: Construcciones Manmer, S.L.
Acto notificado: acordo de iniciación.