Notifícaselle ao denunciado cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a notificación da proposta da resolución ditada polo instrutor do expediente que se cita, e que na súa parte dispositiva di: «Acórdase o sobresemento do expediente sancionador número 7/2011, seguido a Electricidad, Instalaciones y Montajes Ixana, S.L., a Diego Álvarez Álvarez e J. Alberto Fernández Vayo, que debe entenderse caducado a consecuencia do transcurso dos prazos establecidos para ditar a resolución que pon fin ao procedemento».
O interesado dispón de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo para presentar alegacións perante a xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, podendo examinar dentro deste prazo o expediente instruído na Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, edificio administrativo Monelos, 2.º andar (reclamacións), segundo o disposto no artigo 84.2 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 20 de xaneiro de 2012.
Por vacante (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial
ANEXO
Expediente sancionador: E.S. 7/11.
Denunciada: Electricidad, Instalaciones y Montajes Ixana, S.L., Diego Álvarez Álvarez e J. Alberto Fernández Vayo.
Infracción: Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, que se estima de aplicación ás empresas instaladoras de gas. Modificado por Lei 25/2009, do 22 de decembro, para o libre acceso a actividades de servizos ou o seu exercicio.