Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.
Expediente: RL 2008/0522-4.
Acta: I362008000111133.
Empresa: Phixius Reformas, S.L.
NIF: B36970853.
Enderezo: Serafín Avendaño, 12, entresollado 2, Vigo.
Materia: seguridade e saúde.
Preceptos infrinxidos: artigos 14.1 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigo 3.1 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, en relación ao punto 4.3 do anexo II.
Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.b), 39.3.c) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Data da resolución: 25.11.2011.
Resolución: multa de 4.000 euros.
Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada, perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a xefatura territorial da Consellería de Facenda correspondente.
Vigo, 16 de xaneiro de 2012.
Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo