Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza para varios centros e o complementario de lavandaría da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

Para os efectos do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato do servizo de limpeza para os centros Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e aulas de Formación Pesqueira de Cariño, Burela e Celeiro, e o complementario de lavandaría da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2011-14-607.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17011

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza para os centros Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e aulas de Formación Pesqueira de Cariño, Burela e Celeiro, e o complementario de lavandaría da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

c) CPA (referencia de nomenclatura): 81.2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 237.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 14.12.2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 158.584,75 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 158.584,75 euros. Importe total: 187.130,01 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31.12.2011.

b) Data de formalización do contrato: 3.1.2012.

c) Contratista: Iberclean Limpiezas, S.L., con NIF B36908820.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 135.620 euros. Importe total: 160.031,60 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ofertou o segundo prezo máis baixo, xa que o que ofertou o primeiro renunciou á adxudicación.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar