Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2012, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de restauración do Hospital do Meixoeiro, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB CHV1 11 014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de restauración do Hospital do Meixoeiro.

c) Lotes: non.

d) CPV: 55320000-6.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 2.9.2011.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 9.709.353,52 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 4.854.676,76 €. Importe total: 5.243.050,90 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 25.11.2011.

b) Data de formalización do contrato: 31.12.2011.

c) Contratista: Mediterránea de Catering, S.L.

d) Importe de adxudicación: 4.823.280,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación do 25 de novembro de 2011.

Vigo, 9 de xaneiro de 2012.

P.D. (Art. 5 Orde do 15 de xuño de 2009; DOG núm. 119, do 19 de xuño)
Francisco Soriano Paredes
Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo