Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación da realización de probas analíticas por laboratorio externo da estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria (AB-CHP1-12-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1.º Dependencia: Unidade de Contratación Administrativa.

2.º Domicilio: avda. de Vigo, 16.

3.º Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4.º Teléfono: 986 88 51 83.

5.º Telefax: 986 80 83 09.

6.º Correo electrónico: contrataciones.chopo@sergas.es

7.º Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8.º Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-CHP1-12-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: realización de probas analíticas por laboratorio externo da estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Provincial, Hospital Montecelo e Hospital do Salnés.

1.º Domicilio: r/ Loureiro Crespo, n.º 2, Mourente, s/n, Montecelo e lugar de Estromil, Ande.

2.º Localidade e código postal: Pontevedra 36001, 36071 e Vilagarcía de Arousa 36600.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): –.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): –.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 85145000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: –.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 616.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 280.000,00 euros. Importe total: 280.000,00 euros (exento do IVE).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: –.

d) Contratos reservados: –.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte) ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1.º Dependencia: Rexistro da Área Integrada de Pontevedra (antiga Xerencia de Atención Primaria Pontevedra).

2.º Domicilio: avda. de Vigo, 16.

3.º Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4.º Enderezo electrónico: contrataciones.chopo@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): –.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres dando lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil de contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) A data e a hora: a data e a hora de realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil de contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión tarifas, DOG: 5,42 euros/liña (se é urxente 10,82 euros/liña). BOE: 13,067805 euros/liña título e 14,519784 euros/liña texto (se é urxente 26,13561 euros/liña título e 29,039568 euros/liña texto).

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): –.

12. Outras informacións: –.

Pontevedra, 3 de xaneiro de 2012.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés