De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as incoacións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.
Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentaren ante a xefatura territorial as alegacións que xulguen pertinentes.
Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Vigo; r/ Concepción Arenal, 8.
N.º de expediente: PESAN1 2011/001216-5.
Denunciada: María José Paredes Durán.
DNI: 35301181-E.
Enderezo: subida a Cardiña-Cobres, Vilaboa (Pontevedra).
N.º de expediente: PESAN1 2011/001252-5.
Denunciada: María Luz Vázquez Calvar.
DNI: 35303639-L
Enderezo: Cardiña 3, Cobres-Vilaboa (Pontevedra).
Vigo, 20 de xaneiro de 2012.
Manuel Lago Molares
Instrutor