Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se fai pública a declaración de deserta da contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de soporte do software de xestión de procesos desta secretaría (expediente 01/2012).

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, en virtude das facultades que lle confire o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, resolveu declarar deserto o seguinte contrato:

Contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de soporte do software de xestión de procesos da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (expediente 01/2012).

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

Mar Pereira Álvarez
Secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica