Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5279

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (321/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que a resolución ditada o día 17.10.2011 no proceso seguido por instancia de Rocío Blanco Miramontes contra Establecimientos Corral, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co n.º 321/2011 acordouse notificar á empresa a seguinte sentenza:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Rocío Blanco Miramontes contra a empresa Establecimientos Corral, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado a demandante e extinguida a relación laboral na data desta resolución, e condeno a demandada a que aboe á demandante 17.529,72 euros máis 10.265,92 euros por salarios de tramitación.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para interpoñer recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Establecimientos Corral, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial