Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5277

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (487/2002).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Estrada, dou fe e testemuño de que no xuízo verbal 487/2002, que se tramita neste xulgado por instancia da comunidade de propietarios Edificio Breogán, representada polo procurador Sr. Fernández Somoza, fronte a José Quintela Isla e outros, ditouse sentenza o 29 de abril de 2003 e cuxo encabezamento e resolución son como a seguir se relata:

«Encabezamento:

Vistas por min, Juan Carlos Mediavilla Guerra, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución da localidade da Estrada e o seu partido xudicial, estas actuacións de xuízo verbal civil, seguidas ante este xulgado co n.º 487 do ano 2002, en virtude de demanda interposta polo procurador dos tribunais Francisco Javier Fernández Somoza, en nome e representación da comunidade de propietarios do Edificio Breogán da Estrada, que actuaba asistida pola letrada Inés Barreiro Reboredo e dirixida contra José Quintela Isla, en situación de rebeldía procesual neste procedemento, José Manuel Lodeiro Bau, José Manuel Campos Valcárcel e Victoria Picallo García, aínda que fronte aos tres últimos se desistiu, en exercicio de acción de reclamación de cantidade e atendendo aos seguintes.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Francisco Javier Fernández Somoza, en nome e representación da comunidade de propietarios do Edificio Breogán da Estrada, debo condenar e condeno a José Quintela Isla a aboar á demandante a cantidade de mil douscentos cincuenta con tres (1.250,03) euros, máis os xuros legais desde a interposición da demanda ata o ditame desta sentenza, momento a partir do cal correrán os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil, impoñendo ao condenado o pagamento das custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme pois contra ela cabe recurso de apelación que se preparará ante este xulgado, conforme o artigo 457 da Lei de axuizamento civil, no prazo de de cinco días contados desde o seguinte a tal notificación, para a súa posterior resolución, tras a súa interposición, pola Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, en nome do rei».

E para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia sirva de notificación en legal forma a José Quintela Isla, demandado nestas actuacións, expido este edicto notificatorio na Estrada, o tres de novembro de dous mil dez.

A secretaria