Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Social, pola que se fai pública unha notificación de resolución dun expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, e dos artigos 77 e 78 do Real decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que figura nesta xefatura territorial.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, a disposición do interesado.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto na Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.

Coro Piñeiro Vázquez
Secretaria xeral de Política Social

ANEXO

N.º de expediente: 026/2011/5.

Interesado: Sergio Martínez Currás.

DNI: 53112498-R.

Enderezo: r/ Alcalde Fandiño, 11-4.º C. 36950 Moaña.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 23 de novembro de 2012.