Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2012 pola se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 18 de maio de 2011, ditada no expediente número S-2010/035-P, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio dos destinatarios.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 5 de xaneiro de 2012 a resolución pola cal se rexeita o recurso potestativo de reposición interposto por Celia Gómez Portela e José Manuel Quinteiro Gómez, contra a Resolución do 18 de maio de 2011, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en relación coas obras promovidas polas persoas interesadas no lugar de Telleira, parroquia de Cesantes, termo municipal de Redondela, Pontevedra.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución ás citadas persoas interesadas, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles ás citadas persoas interesadas a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se lles notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o ese prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.2.ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística