Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5975

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2012 pola que se modifica a Resolución do 7 de xullo de 2011, pola que se convocan probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional especialista de oficios, xardineiro, grupo IV1, dúas pola quenda de promoción interna e dúas pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Por Resolución do día 7 de xullo de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia do 29 de xullo de 2011, convócanse probas selectivas para cubrir catro prazas vacantes da categoría profesional especialista de oficios, xardineiro, grupo IV1, dúas pola quenda de promoción interna e dúas pola quenda de acceso libre.

Producida unha modificación da relación de postos de traballo aprobada no Consello de Goberno do 7 de novembro de 2011, que afecta os requisitos exixidos para o acceso á categoría de especialista de oficios, xardineiro, cómpre facer a seguinte modificación:

Na base 2.1.e) da convocatoria, onde di:

«e) Estar en posesión do curso básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios e de uso gandeiro».

Debe dicir:

«e) Estar en posesión do curso básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios e de uso gandeiro, ou posuír o curso básico de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios».

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela