Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6472

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2012, da Xerencia Executiva do Hospital Virxe da Xunqueira, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe da Sección de Radioloxía no Hospital Virxe da Xunqueira.

Convocada por Resolución do 19 de agosto de 2011 (DOG n.º 190, do 4 de outubro), a provisión dun posto de xefe da Sección de Radioloxía no Hospital Virxe da Xunqueira, esta xerencia executiva, de conformidade coas competencias atribuídas no artigo único da Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e dando cumprimento á Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Dar por resolta a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe da Sección de Radioloxía, convocada por Resolución do 19 de agosto de 2011 (DOG do 4 de outubro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Indicar que os aspirantes nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos. Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante. O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Cee, 10 de xaneiro de 2012.

Ramón Ares Rico
Xerente executivo do Hospital Virxe da Xunqueira

ANEXO

Denominación do posto: xefe da Sección de Radioloxía do Hospital Virxe da Xunqueira.

Nome e apelidos: Sandra María Pombo Vázquez.

DNI: 52435296B.