Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6474

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2012 pola que se corrixen os erros que foron advertidos na Resolución do 2 de decembro de 2011 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de arquitecto técnico vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade.

Unha vez advertidos erros no bloque II do anexo II da Resolución do 2 de decembro de 2011 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de arquitecto técnico vacante no cadro de persoal laboral da Universidade da Coruña (BOE do 16.12.2011 e DOG do 16.12.2011), esta reitoría, segundo o que dispón o artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, rectifica e publica os devanditos erros do xeito que se indica:

Onde di: «25. Regulamento dos aparellos elevadores. Real decreto 229/1995 e Real decreto 1314/1997», debe dicir: «25. Regulamento dos aparellos elevadores. Real decreto 2291/1985 e Real decreto 1314/1997».

Esta corrección non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

A Coruña, 13 de febreiro de 2012.

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña