Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6475

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4354/2011).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4354/2011, seguido por instancia da Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación USC Deportiva contra o Fogasa, o Club Deportivo Universidade de Santiago de Compostela e José Fernández Muíños, sobre despedimento disciplinario ditouse a seguinte resolución:

«Que, estimando en parte o recurso formulado polas recorrentes Fundación USC Deportiva e Universidade de Santiago de Compostela contra a sentenza ditada o día 26 de xaneiro de dous mil once en autos 896/2010, do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, seguidos por instancia de José Fernández Muíños contra os recorrentes, así como contra o Club Deportivo Universidade de Santiago, e o Fondo de Garantía Salarial, revogámola parcialmente no sentido de fixar que os salarios de tramitación se devengarán desde o 1 de outubro de 2010 ata a notificación da sentenza de instancias, manténdose o resto dos pronunciamentos na súa integridade.

Déase aos depósitos e consignacións realizadas o destino legal oportuno.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpoñer recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ao Club Deportivo Universidade de Santiago de Compostela, con último domicilio coñecido en San Xerome, s/n, 15782 de Santiago de Compostela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto na Coruña o 30 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial