Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6477

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 1455/2008-RF).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1455/2008-RF a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 78/2007 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos por Román Varela Iglesias contra Fogasa, Casa da Bardanca, S.L., Telmo Pérez Pérez, Urbano Fernández López, Joaquín Álvarez Aguirre, sobre reclamación de cantidade, con data do 30 de xaneiro de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación articulado por Román Varela Iglesias contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Vigo, do 3 de decembro de 2007, en autos número 78/07, sobre reclamación de cantidade, instados por María Dolores Barreiro Rodríguez, confirmamos a resolución de instancia e impomos á parte recorrente o aboamento das custas do recurso que incluirán os honorarios do letrado da demandante impugnante do recurso en contía de 300 euros. Deberase dar aos depósitos e consignacións o destino legal correspondente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza, e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Casa da Bardanca, S.L., con último domicilio coñecido na Toxeira, Areas, s/n, Tui, 36700, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto na Coruña o 30 de xaneiro de 2012.

Francisco Javier Gamero López-Peláez
Secretario xudicial