Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6479

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (63/2011).

Gumersindo Rama Rey, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, por medio deste edicto,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal número 63/2011, seguido por instancia de José Antonio Leonardo López fronte a Comega Construcciones Metálicas, S.L., ditouse sentenza co teor literal seguinte:

«Sentenza. En Betanzos o 24 de xuño de 2011. Vistos por min, Emma Mourenza Couto, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, os presentes autos de xuízo verbal con número 63/2011 seguidos por instancia de José Antonio Leonardo López, representado polo procurador Sr. Pedreira del Río e baixo a dirección letrada do Sr. Alvariño Heras, contra Comega Construcciones Metálicas, S.L. en situación procesual de rebeldía. Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo integramente a pretensión exercida por José Antonio Leonardo López fronte a Comega Construcciones Metálicas, S.L., e condeno esta última ao pagamento de 5.211,36 euros máis os xuros legais devengados por aquela cantidade desde a data de interposición da demanda ao demandante e impóndolle ademais o pagamento das custas derivadas deste proceso.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que non producirá efectos suspensivos, e que se preparará perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución, coa obriga de consignar na CDC deste xulgado, no momento de preparalo, 50 euros en concepto de depósito baixo apercibimento de que se non se constitúe non se admitirá a trámite o recurso (DA décimo quinta da LOPX). Así o acordo, mando e asino. Segue a sinatura e publicación».

E encontrándose o dito demandado, Comega Construcciones Metálicas, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 24 de xuño de 2011.

O secretario xudicial