Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6440

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2012 pola que se inscribe a Asociación Cultural de Amigos del Camino de Santiago del Sureste. Caudete no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Cultural de Amigos del Camino de Santiago del Sureste. Caudete, do 12 de decembro de 2011.

Visto o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado en parte polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

Visto igualmente o informe da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, emitido de acordo co artigo 23 do mencionado decreto, segundo o cal «as entidades solicitantes deberán ter como finalidade a recuperación, conservación e promoción dos camiños de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deles».

Considerando que segundo o artigo 26 a solicitude foi presentada segundo o modelo que figura no anexo e acompañada da documentación pertinente.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Cultural de Amigos del Camino de Santiago del Sureste. Caudete quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 197.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria