Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6492

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (978/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número dous da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 978/2008 seguido neste xulgado se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Na Coruña, vinte e seis de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíz substituta do Xulgado do Social número dous Reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 978/2008 seguidos por instancia de Tomás Berrocal Vaquero, representado pola letrada Sra. Núñez García, contra a empresa Hortrans Jóse Luis, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios,

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por Tomás Berrocal Vaquero, representado pola letrada Sra. Núñez García, contra a empresa Hortrans José Luis, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 8.000 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET. Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recurso que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contando da notificación desta sentenza e do cal coñecerá, se for caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo».

E para que sirva de notificación en legal forma á Hortrans José Luis, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 12 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial