Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6491

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DEM 988/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento DEM 988/2008, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e seis de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíz substituta do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 988/2008, seguidos por instancia de Hagie Sillah, representado pola letrada Sra. Muruzábal Pérez, contra a empresa Rodríguez y Bocija, S.C, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de cantidades.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Hagie Sillah, representado pola letrada Sra. Muruzábal, contra a empresa Rodríguez y Bocija, S.C, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 1.361,72 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes desde o 15.9.2008. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do E.T. Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que esta é firme e contra ela non cabe interpor recurso ordinario ningún, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social (disposición transitoria 2.ª punto 1.º)».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Rodríguez y Bocija, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 12 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial