Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6490

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DEM 1018/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento DEM 1018/2008, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e seis de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 Reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 1018/2008 seguidos por instancia de Montserrat Alhambra Morollón, representada pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Simefer 50, S.C., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por María Montserrat Alhambra Morollón, representada pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Simefer 50, S.C., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 819,45 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro e segundo, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 E.T. Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que é firme e contra ela non cabe interpor recurso ordinario ningún, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social (disposición transitoria 2.ª punto 1.º)».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Simefer 50, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia na Coruña o 12 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial