Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6489

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DEM 1020/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento DEM 1020/2008, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e seis de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo n.º 1020/2008, seguidos por instancia de Daniel Palade, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Construcciones Tilín, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, considerando integramente a demanda formulada por Daniel Palade, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Construcciones Tilín, S.L, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á parte demandante a suma de 2.824,12 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 E.T.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que é firme e contra ela non cabe interpor recurso ordinario ningún, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social (disposición transitoria segunda punto 1.º)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Tilín, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 12 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial