Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6488

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (843/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 843/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o cinco de xaneiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 Reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 843/2011 seguidos por instancia de Carlos Enrique Porteiro Varela, asistido pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa José Luciano Seoane Fernández, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por Carlos Enrique Porteiro Varela, asistido pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa José Luciano Seoane Fernández, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 2.657,40 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos supostos previstos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que en virtude do artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, contra ela non cabe recurso ningún».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa José Luciano Seoane Fernández, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia na Coruña o 25 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial