Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6487

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (849/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de Reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 849/2011 seguido neste xulgado se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Na Coruña cinco de xaneiro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 849/2011 seguidos por instancia de José María Figueiras Porteiro, asistido polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Carro Santos, S.L., en rebeldía procesual, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por José María Figueiras Porteiro, asistido polo letrado Sr. Nogueira Esmorís contra a empresa Carro Santos, S.L, en rebeldía procesual, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 3.054,98 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. O recorrente que non teña a condición de traballador, habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar como depósito na conta de depósitos e consignacións correspondentes ao órgano que tiver ditado a resolución impugnada a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social)».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Carro Santos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña, o 12 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial