Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6486

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (230/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 230/2011 seguido neste xulgado se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Na Coruña o dezanove de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 230/2011 seguidos por instancia de Jorge Naya Martínez-Romero, representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Jorge Naya Martínez-Romero, representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 4.894,36 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do E.T. Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recurso que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados da notificación desta sentenza e do cal coñecerá, se for o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones del Noroeste 2005, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 27 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial