Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6485

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (19/2012).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Luis Díaz Canoura contra Mieu Promociones y Edificaciones, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número 19/2012, acordouse citar a Mieu Promociones y Edificaciones, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 18.4.2012 ás 11.25 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas do Xulgado do Social número 1 sito na rúa Armando Durán, 1, 4.º, 27071 Lugo. Deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Mieu Promociones y Edificaciones, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 31 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial