Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6483

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (582/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que a resolución ditada o día 20.1.2012, no proceso seguido por instancia de Marcos Gabriel Lema contra empresa Carpinox Coruña, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número 582/2011, acordouse notificar á empresa Carpinox Coruña, S.L. a seguinte sentenza cuxa resolución di o seguinte:

«Resolución que, estimando a demanda interposta por Marcos Gabriel Lema Charlin contra a empresa Carpinox Coruña, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data de la notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 7.842,07 euros más, en ambos os casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 48,63 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente no goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpoñer o recurso.

Así, por esta mi sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación á empresa Carpinox Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial