Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6482

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (541/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que a resolución ditada o día 23.1.2012 no proceso seguido por instancia de Patricia Domínguez González contra a empresa Hostelería Villarrodis, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número 541/2011 acordouse notificar á empresa Hostelería Villarrodis, S.L., a seguinte sentenza cuxa resolución di o seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Patricia Domínguez González contra a empresa Hostelería Villarodis, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e extinguida a relación laboral na data desta resolución, e condeno a demandada a que aboe unha indemnización de 237,78 euros máis 6.046,04 euros por salarios de tramitación.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpoñer recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento.

Y para que sirva de notificación á empresa Hostelería Villarrodis, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial