Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 1 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2011/508-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícase a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertindo de que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente n.º: RL 2011/508-1.

Acta inf. n.º: I152011000109617.

Empresa: Niral Promociones, S.L.

NIF: B15904584.

Enderezo: rúa Juan Flórez 129-4.º, 15005 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene (falta de medidas de seguridade).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigo 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación co número 3, parte C, do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro e co punto 1.1, punto 1.7 e punto 4.2 do anexo II do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo.

Tipificación: artigo 12.16. b) e f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data resolución: 26.12.2011.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Niral Promociones, S.L. unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

A Coruña, 1 de febreiro de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña