Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 1998/0181-0 e dous máis.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que as ditas resolucións rematan a vía administrativa e os interesados poden formular contra elas recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o órgano xudicial que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírtese que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa

Domicilio e localidade

N.º expte.

Data resolución dirección xeral

Preceptos

Sanción imposta (€)

Infrinxidos

Sancionadores

Govisa Ingeniería y Montajes, S.L.

Pontevedra
Pontevedra

RL 1998/0181-0
241/1998/1/H(AI)

24.11.2011

Arts. 184, 190 e 193 da Ordenanza laboral da construción, aprobada pola Orde ministerial do 28.8.1970 en vigor segundo a disposición derradeira 1.2 do Convenio xeral da construción (Resolución 4.5.1992), arts. 15.1, 17.2 e 18.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Art. 48.8 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

30.051,20

Montajes Lugo, S.L.

Outeiro de Rei
Lugo

RL 2000/0001-0 341/1999/2/H (AI)

10.11.2011

Arts. 14 e 15.3 e 4 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e arts. 11.1.a), b) e c), 11.2 e anexo IV, parte C-3-b, 11 a), b) e c) e 12.b) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, e arts. 192 e 193 da Ordenanza laboral da construción, do 28.8.1970, vixente en virtude da disposición derradeira primeira-2 do Convenio colectivo xeral do sector da construción, aprobado pola Resolución do 30.4.1998 da Dirección Xeral de Traballo.

Art. 48.8 en relación co art. 4.4 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

30.056,62

V62 Interiorismo, S.L.

A Coruña
A Coruña

RL 2006/0043-0 875/2006/1/H (AI)

7.11.2011

Anexo IV, parte C.3.a) e b), do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, arts. 27 e 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Arts. 12.16.f), 13.2 e 12.15.a) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

48.051,00

Construcciones R.S., S.C.

A Coruña
A Coruña

RL 2006/0043-0 875/2006/1/H (AI)

7.11.2011

Anexo IV, parte C.3.a) e b), do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, arts. 27 e 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Arts. 12.16.f), 13.2 e 12.15.a) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

48.051,00