Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7060

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación 2 do estudo de detalle para a ampliación do cemiterio de Bemantes.

Aprobada inicialmente pola Xunta de Goberno Local, na sesión do 24 de xaneiro de 2012, a modificación 2 do estudo de detalle para a ordenación da ampliación do cemiterio de Bemantes, cualificado no PXOM como sistema xeral de equipamentos, sito na parroquia de Bemantes, Miño, promovido pola AA.VV. A Irmandade de Bemantes. Polo que, de conformidade co establecido no artigo 96.2 da Lei 9/2002, o expediente se somete á información pública durante o prazo de 20 días hábiles, mediante anuncio no DOG e nun dos xornais de maior difusión da provincia, prazo que comezará a computar desde o último anuncio publicado. Durante o precitado prazo de información pública poderán presentarse as alegacións e reclamacións que se consideren procedentes en relación co expediente.

Miño, 2 de febreiro de 2012.

Juan A. Maceiras Barros
Alcalde