Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterroso

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de mestre/a de educación infantil.

No BOP de Lugo número 31, do 7 de febreiro de 2012, publicáronse integramente as bases que deberán rexer no proceso selectivo para o acceso en propiedade da praza vacante de persoal laboral fixo, mediante concurso-oposición libre, de mestre/a de educación infantil; incluída na oferta de emprego público para o ano 2010 e que figura como vacante no cadro de persoal para 2012.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello.

Monterroso, 7 de febreiro de 2012.

Antonio Edelmiro Gato Soengas
Alcalde