Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7064

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre licenza de actividade de taller de ferralla.

Ao abeiro da Instrución 1/2011, do 12 de abril, para a aplicación da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de Ferralla Castro, S.L. o recoñecemento definitivo da construción ou edificación coa actividade de taller de ferralla, sita na avenida de Mourelle, parcela n.º 4 de Santa Comba, de acordo co proxecto presentado de recoñecemento de actividade para taller de ferralla e, cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no cal se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que de algún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Santa Comba, 3 de febreiro de 2012.

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde