Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Amaro

ANUNCIO de delimitación de solo de núcleo rural en Outeiro, Salamonde.

No Concello de San Amaro tramítase expediente para a delimitación de solo de núcleo rural no lugar de Outeiro, Salamonde (San Amaro) e, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, na redacción dada a esta pola Lei 15/2004, queda aberto un período de información pública polo prazo dun (1) mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no DOG e nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo. No caso de se producir a inserción en datas diferentes, o prazo computará desde a derradeira publicación. O expediente completo pode ser consultado polos interesados na secretaría do concello, onde se atopa de manifesto.

San Amaro, 1 de febreiro de 2012.

Ernesto Pérez González
Alcalde