Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ACORDO do 7 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá audiencia á entidade mercantil PortVigo, S.L., ao abeiro do artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

Con data do 21 de xullo de 2006 a entidade mercantil PortVigo, S.L., co CIF B36734549, no seu centro de Vigo, con domicilio na avenida das Camelias, n.º 48, 36211 Vigo, solicita a inscrición no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental, segundo o procedemento regulado no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, referenciado no encabezamento.

Coa solicitude de inscrición xunta declaración ambiental validada, así como o resto da documentación exixida no devandito Decreto 185/1999.

Con data do 12 de setembro de 2006 procédese á inscrición do centro sito na avenida das Camelias, n.º 48, 36211 Vigo, e das distintas localizacións incluídas no alcance da declaración, e pertencentes á dita entidade mercantil, no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental co número ES-GA-000076.

Con data do 28 de xaneiro de 2008 PortVigo, S.L. solicita a renovación no rexistro presentando a nova declaración ambiental validada, e procedeuse á súa renovación no rexistro con data do 14 de febreiro de 2008.

Na citada declaración de renovación facíase constar: «PortVigo comprométese a presentar a próxima declaración ambiental para a súa validación antes de maio de 2008» e na resolución de renovación emitida a data límite para a presentación da seguinte declaración ambiental validada era o 31.5.2008.

Finalizado este prazo, non se recibiu por parte de PortVigo, S.L. ningún tipo de documentación en referencia ao seu mantemento no Rexistro EMAS.

Despois de diversos intentos infrutuosos de contactar coa empresa por vía telefónica, enviouse comunicación escrita ao enderezo que constaba no expediente da devandita entidade mercantil, mediante notificación con aviso de recepción en varias ocasións, a última con data do 18.2.2011, sendo tamén estas comunicacións escritas devoltas polo servizo de correos por «descoñecidas» en todos os intentos.

Considerando que o artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS) dispón: «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presentase a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non pagase a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no rexistro, e informará de tal medida a dirección do centro».

Considerando que o parágrafo 5 do mesmo precepto establece: «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, dará trámite de audiencia ao interesado concedéndolle un prazo de quince días para que presenten as alegacións, documentos e xustificacións que coide oportunas. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro será motivada e notificarase á dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Este trámite de audiencia, así como a posterior resolución que se emita, corresponde ao secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 a 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo11.2.2 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ao abeiro do disposto no artigo 14.5 do devandito Decreto 185/1999, do 17 de xuño, concédese un prazo de quince días para formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren convenientes, contando desde a notificación do presente acordo para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións se achen convenientes, como trámite previo á resolución de cancelación da inscrición no dito Rexistro Galego de Centros Adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

Vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en virtude da competencia que lle outorgan os decretos 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, do artigo 11.2.2 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

ACORDA:

Dar un trámite de audiencia á entidade mercantil PortVigo, S.L., co CIF B36734549, e concederlle un prazo de quince días contados desde a notificación do presente escrito para formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren convenientes.

Notifíquese ao interesado, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2 da devandita Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental