Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 178/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación L.M.T., C.T. Cabana.

Situación: concello de Cambre.

Características técnicas:

Tramo de liña eléctrica de media tensión aérea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,111 km, coa orixe no apoio n.º 14 existente da L.M.T. SMC-709, tramo entre a derivada ao C.T. Sigrás de Arriba e o C.T. Cabana, condutor tipo LA-110/116,2 mm², e final en apoio n.º 43 existente da L.M.T. SMC-709, tramo entre o C.T. Cabana e a derivada ao C.T. Técnicas de Nutrición, S.A. (particular).

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,038 km, coa orixe nos pasos aerosubterráneos para realizar no apoio n.º 42 existente da L.M.T. SMC-709, tramo entre a derivada ao C.T. Sigrás de Arriba e a derivada ao C.T. particular Técnicas de Nutrición, S.A., condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al) e final no C.T. Cabana para reformar.

Centro de transformación non prefabricado Cabana, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Proxéctase a reparación da caseta de obra civil. Concello de Cambre.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 6 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG núm. 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial