Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 339/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación L.M.T.S., avda. Fisterra, parcela 8B.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,056 km, coa orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. SBN-715A, tramo entre o C.T. avda. Fisterra 73 e o C.T. avda. Fisterra 85, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final no C.S. avda. de Fisterra-parcela 8B, que instalará o cliente. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 6 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial