Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7484

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a sinalización de aliñacións no Merlo, promovido por Buarce Inversiones, S.L.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de xaneiro de 2012, aprobou definitivamente o estudo de detalle para sinalización de aliñacións no Merlo. Promovido por Buarce Inversiones, S.L.; redactado pola arquitecta Elia Estraviz Prado, visado polo COAG, con data do 23 de abril de 2007, nos seus propios termos, coa seguinte consideración:

«Facer constar que o plano n.º 6 non aparece ben definido debido á escala e á non existencia de planos de arquitectura, polo tanto deixarase para o proxecto de edificación a definición concreta dos parámetros de alturas, voos, baixocuberta, etc., non sendo vencellante a presente sección para o informe do mencionado proxecto, e que se lle dea traslado ao interesado das observacións feitas pola arquitecta municipal de cara á obtención de licenzas de edificación no ámbito».

Así mesmo, o Pleno do Concello anulou e deixou sen efectos o acordo do Pleno desta corporación con data do 28 de outubro de 2011, sobre aprobación definitiva do estudo de detalle para sinalización de aliñacións no Merlo, promovido por Buarce Inversiones, S.L., polos motivos que constan no requirimento efectuado pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e que se dan aquí por reproducidos.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Mugardos, 6 de febreiro de 2012.

Xosé Fernández Barcia
Alcalde